viernes, 6 de junio de 2008

O MARABILLOSO MAGO DE OZ

Somos do clube de lectura do IES de Sar do 1ºciclo e estamos a ler "O Marabilloso Mago de Oz".
ë un libro moi entretido.

viernes, 23 de mayo de 2008

PERSÉPOLIS

Son un membro do club de lectura do segundo ciclo. Xa remstei de ler o libro Tuva e vou comezar a ler o cómic Persépolis e a se alguén se anima que pase pola biblioteca o venres no segundo recreo para que se poidan traer máis exemplares.


martes, 13 de mayo de 2008

CLUB PRIMEIRO CICLO

Ola somos o club de lectura VENQUECHOCONTO do primeiro ciclo da ESO e queremos felicitar o club de lectura do segundo ciclo por abrir o blog.Próximamente poñeremos nos as nosas anotacións dos libros que limos

viernes, 25 de abril de 2008

ENCONTRO COA ESCRITORA AN ALFAYA

An Alfaya estivo no centro o día 18 de abril para comentar as obras "Illa soidade" e "A sombra descalza".
Ambas narracións foron moi ben acollidas polo alumnado que valorou a orixinalidade das historias e o carácter diferencial das protagonistas, mulleres de diferentes idades pero capaces de engaiolarnos coas súas vivencias.

Ao rematar o encontro, a escritora asinou algúns exemplares aos alumnos e alumnas do IES de Sar

miércoles, 23 de abril de 2008

TUVA

Despois da conferencia de Gonzalo Moure sobre "TUVA", os membros do clube de lectura do segundo ciclo decidiron comezar a ler as aventuras que o autor relata no libro:

Tuva existe. É o centro exacto de Asia. De alí surxiron os humanos e os chamáns que poboaron América. E alí os pastores doman aos cabalos cantándolles.

"Marcos recibe o mellor regalo de maioría de idade: viaxar só a Tuva, tratar de averiguar de que profundo misterio da humanidade xorde esa música dos cabalos. Pero tamén descubrirá entre bandidos e persoaxes inquedantes, a amistade e o amor da man de Aydemir, Aceiro de Lúa, e Aneyhaak, Árbore Nova de Follas Tenras..."

EL CLAN DE LA LOBA

O alumnado do clube de lectura do segundo ciclo da ESO rematou de ler o libro "El clan de la loba":

"Dende tempos inmemoriais, os clans das bruxas Omar viviron ocultándose das sanguinarias bruxas Odish e esperando a chegada da elexida pola profecía. Agora os astros confirman que o tempo está próximo....."

martes, 22 de abril de 2008

CLUBES DE LECTURA DO IES DE SAR


No pasado mes de febreiro creáronse dous clubes de lectura no noso instituto. Un deles está composto por alumnado do primeiro ciclo da ESO e o outro por alumnado do segundo ciclo.
O alumnado do primeiro ciclo reúnese os xoves no segundo recreo na biblioteca e os do segundo ciclo os venres no segundo recreo.
Desde este blog animamos ás alumnas e alumnos que o desexen a participar na actividade.