miércoles, 23 de abril de 2008

TUVA

Despois da conferencia de Gonzalo Moure sobre "TUVA", os membros do clube de lectura do segundo ciclo decidiron comezar a ler as aventuras que o autor relata no libro:

Tuva existe. É o centro exacto de Asia. De alí surxiron os humanos e os chamáns que poboaron América. E alí os pastores doman aos cabalos cantándolles.

"Marcos recibe o mellor regalo de maioría de idade: viaxar só a Tuva, tratar de averiguar de que profundo misterio da humanidade xorde esa música dos cabalos. Pero tamén descubrirá entre bandidos e persoaxes inquedantes, a amistade e o amor da man de Aydemir, Aceiro de Lúa, e Aneyhaak, Árbore Nova de Follas Tenras..."

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustoume moito a charla de Gonzalo Moure, sobre todo as cousas que nos contou de todas as viaxes que fixo na súa vida.

Anónimo dijo...

Podedes atopar as fotos da viaxe de Gonzalo Moure a Tuva no blog do escritor (en enlaces). ¿Teñen algo que ver co que imaxinabades?

Anónimo dijo...

Gustounos moito a charla que dou Gonzalo Moure.Para o noso gusto foi a mellor charla de todo o curso.
Estamos lendo o seu libro (Tuva)e gústanos moito.
Cando acabou a charla escribímoslle un comentario no seu blog e contestounos inmediatamente.
Esperamos que volva moi pronto.
Gustounos tanto o seu libro que ao final acabamos mercándoo.