martes, 5 de mayo de 2009

NOVO CURSO E UN NOVO CLUB DE LECTURA

Por problemas técnicos non poidemos estar escribindo neste blog durante o curso. Agora que, por fin, xa se resolveron os problemas, imos tentar de escribir sobre o que fixemos e o que estamos a facer nestes momentos.

Un dos clubs con máis marcha do instituto, este curso, é o noso. Está formado por alumnas e alumnos de 1º da ESO e algunha alumna de 2º. Chamámonos Aitor, Eva, Martín, Julián, Fran, Nerea, Adrián P., Xulia, Adrián A., e Chechu. Antes tamén estivo connosco un compañeiro que se chamaba David pero que marchou para Ecuador, o seu país.

No hay comentarios: